miércoles, 10 de enero de 2024

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS. 1ºESO

    No mes de decembro os alumnos e alumnas de 1ºESO comezaron a realizar, nas materias de Ciencias Sociais e Bioloxía e Xeoloxía, o proxecto Coñecendo as nosas illas, que forma parte do programa Naturézate do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia.


Nestas primeiras sesións o proxecto foi presentado e os estudantes comezaron a afondar en conceptos como: biodiversidade; conservación; sostibilidade; especies autóctonas, endémicas e invasoras; pegada ecolóxica; etc.


    Para comezar a traballar visualizaron varios vídeos, logo seguiron as explicacións das profesoras e o emprego de materiais do programa Naturézate.Pero tamén realizaron autoavaliacións a través de formularios e divertidos quizs que lles permitiron aprender mediante o xogo.



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DALE LA VUELTA A TU CAMISETA

El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP) es una metodología activa e innovadora de aprendizaje. A partir de unos hilos conductores, profesor...