domingo, 2 de junio de 2024

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS: AS SISARGAS

 



Historia da illa

As Illas Sisargas, situadas fronte á costa de Malpica de Bergantiños na Costa da Morte (imaxe 1), teñen unha historia rica e variada. Hoxe están deshabitadas, pero hai indicios de que na Sisarga Grande houbo unha ermida dedicada a Santa Mariña (imaxe 2) que foi derruida durante os ataques normandos.

Imaxe 1. As Sisargas

Imaxe 2. A Ermida









As illas están declaradas Zona de especial protección para as aves (ZEPA) dentro do LIC Costa da Morte-Rede Natura 2000. A riqueza ornitolóxica dás illas queda patente nas numerosas colonias de aves mariñas que atesoura. Foi testemuña muda e guía do paso durante anos das embarcacións de pesca, mercantes e grandes petroleiros que surcan este corredor marítimo.


O primeiro faro do arquipélago, un dos máis antigos da Costa da Morte, foi construido en 1853. Ata non hai moito tempo, o fareiro permanecía durante quince días seguidos na soidade da illa ata que era relevado no seu posto (imaxe 3).

Imaxe 3. O faro

Grupo 1ºB
Flora terrestre
A flora terrestre das Illas Sisargas é unha mostra representativa da biodiversidade da Costa da Morte en Galicia. Ainda que non atopamos información específica sobre a flora destas illas, é probable que compartan características similares con outras illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste sentido, poderíanse atopar:

  • Especies autóctonas: plantas leñosas e arbustivas típicas dos matorrais galegos, como o toxo (Ulex europaeus) e a xesta (Cytisus scoparius), así como especies de carballoa e adeduis en pequenos rodais.
  • Especies foráneas: plantacións forestais con especies alóctonas como eucaliptos, acacias e piñeiros, introcidas pola acción humana (imaxes 4 e 5).

Imaxe 4.
Imaxe 5













Estas comunidades vexetais son fundamentais paa a conservación do solo e o mantemento dos ecosistemas locais, además de proporcionar habitat para a fauna das illas.
 
Grupo 1ºC 
Fauna terrestre
Esta reserva natural posúe unha gran riqueza de flora e fauna, aniñando nelas varias especies de aves en perigo de extinción que elixen as illas para criar e tamén como etapa de paso nas súas longas migracións. Especies como a gaivota tridáctila (imaxe 6) e a gaivota  escura das Sisargas (imaxe 7), que atopan nos cantís da parte norte da Illa un hábitat perfecto.
Imaxe 6. Gaivota tridáctila
Imaxe 7. Gaivotas











Coma no resto das Illas Atlánticas, tamén podemos atopar poboacións de pequenos mamíferos como coellos, ourizos, topos, ratas e ratos. Tamén se coñece a presencia de nutrias. 
Grupo 1ºA
Ecosistemas acuáticos
O que destaca das Illas Sisargas é o seu bosque submariño que está formado principalmente por algas pardas de gran tamaño con tonalidades vermellas e verdes (imaxe 8). Trátase de un ecosistema formado por laminarias ou quelpos que acollen e alimentan a numerosos peixes, invertebrados, mamíferos e aves, pero que son moi sesibles á contaminación, o cambio climático ou a sobrepesca.
Imaxe 8. Algas pardas.
Na sua contorna atópanse, maioritariamente, ecosistemas mariños  de moita diversidade biolóxica debido ao afloramento das augas.
Por desgraza atopamos varias especies que están en perigo de extinción; entre elas destacan o cormorán moñudo, a gaivota tridáctila e a gaivota sombría das Sisargas. Estas aves mariñas sofren ameazas que poñen en risco a súa supervivencia.
  • Gaivota sombrías (Laurus fuscus): esta gaivota está en perigo debido a actividade humana que altera o seu hábitat natural. A Urbanización costeira e a destrución dos seus lugares de cría afectan gravemente a súa poboación.
  • Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla): a sobrepesca e o cambio climático afectan ás súas fontes de alimento. A disminución de peixes e invertebrados mariños pon en risco a supervivencia desta gaivota.
É fundamental concienciar sobre a importancia da conservación destas especies e tomar medidas para protexer o seu hábitat e garantir a súa supervivencia.
Grupo 1ºA
Perigos e impacto humano nas illas
O estado de conservación destes ecosistemas mariños é en xeral bo, aínda que son capaces de verse danados por algunhas actividades humanas, como no caso da contaminación por petróleo procedente do tráfico marítimo ou por outros contaminantes da ría. Tamén existe risco de sobreexplotación de recursos pesqueiros e de uso de artes e técnicas de pesca daniñas  para o medio mariño.
O petroleo dos barcos (coma o desastre dopetroleiro Prestige, imaxe 9) e outros contaminantes como os carburantes, ten moito impacto no ecosistema. 
Imaxe 9. Ave morta por unha vertedura

Grupo 1ºA
Programa de protección e conservación
Os progframas de protección e conservación nas Illas Sisargas, como parte do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, son fundamentais para a preservación dos seus ecosistemas. 
Estes programas inclúen: decisión de xestión orientadas á conservación dos valores naturais e dos procesos que os sustentan; aplicación do mellor coñecemento disponible e do principio de prevención para protexer a natureza; programas de educación ambiental para concienciar sobre a importancia da conservación e o respecto pola natureza; fomento da investigación para mellorar o coñecemento dos ecosistemas e a súa resposta ás actividades humanas; así como traballos para a eliminación de especies non autóctonas que ameazan ós ecosistemas locais.
Organizacións privadas como Oceana, traballan tamén na protección e conservación destes espacios únicos.
Grupo 1ºC
Webgrafía
  • https://es.wikipedia.org/wiki/Islas_Sisargas
  • https://www.visitacostadamorte.com/es/post/conoce-las-islas-sisargas
  • http://eixoecologia.org/?q=es/node/3799
  • https://seo.org/ave/gaviota-tridactila/https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/06/23/valioso-bosque-submarino-sisargas-corre-peligro-segun-oceana/0003_https://illasatlanticas.gal/es/el-parque/gestionar-para-conservar


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DALE LA VUELTA A TU CAMISETA

El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP) es una metodología activa e innovadora de aprendizaje. A partir de unos hilos conductores, profesor...