Historia da illa
A illa de Cortegada, situada na Ría de Arousa, é unha xoia natural e histórica (imaxe 1).
![]() |
Imaxe 1. Illa de Cortegada |
Xa no século IX, Idade Media, sábese que o entón rei, Afonso II o Casto, doou este territorio á Igrexa de Santiago tras o descubrimento do Sepulcro do Apóstolo. A ruta establecida polo río Ulla para levar as "riquezas" da Igrexa a Santiago foi un gran atractivo para os vikingos. Estes planeaban continuos ataques para conseguir o cobizado botín.
A illa tamén foi obxecto de desexos reais; en 1910, foi adquirida por suscrición popular para doar ao rei Afonso XIII, aínda que nunca chegou a construír a súa residencia de verán alí. Hoxe, libre de pretensións urbanísticas grazas á loita dos veciños, Cortegada é un espazo natural protexido, onde a historia e a natureza conviven en harmonía.
Grupo 1ºA
Flora terrestre
A flora terrestre da illa de Cortegada é un tesouro de biodiversidade. Destaca a laurisilva (imaxe 2), un bosque nuboso subtropical con grandes árbores, bejucos e lianas, típico de climas temperados húmidos e cálidos. Entre as especies autóctonas, atópase o loureiro (imaxe 3) e o fento real. A illa tamén alberga especies foráneas como o eucalipto, introducido no pasado por un relixioso que trouxo sementes dende Australia, onde era misioneiro.
Grupo 1ºC
![]() |
Imaxe 3. Laurisilva |
![]() |
Imaxe 2. Loureiro |
Fauna terrestre
Nesta illa habitan varias especies animais que se adaptaron ao seu ecosistema único. Habitan diversas aves que atopan refuxio neste espazo natural como garzas reais, garcetas, andarríos, mazaricos, corvos mariños (imaxe 4) ou ánades.
Imaxe 4. Corvo mariño ou cormorán moñudo |
Obsérvanse diferentes hábitas acuáticos que varían coa profundidade das augas e a posición xeográfica puidendo cambiar de forma radical entre illa e illa. Encontramos na zona fondos mariños de area, que, pese á inestabilidade do sustrato e a escaseza de flora, presentan multitude de comunidades de poliquetos (vermes segmentados), peixes planos como raias e rodaballos, sepias e pequenos bivalvos e cristáceos que viven soterrados na area, así como berberechos e navallas.
A lamprea, o lenguado e a anguila son os peixes principais desta illa. Tamén contamos con crustáceos, ameixas, cáscaras de moluscos, polbos, raias mosaico, cangrexos, faneca ou melgachos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario