lunes, 13 de mayo de 2024

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS: CÍES

 



Historia da illa

As illas Cíes foron territorio de paso do home do Paleolítico e o Neolítico, e non se chegou a establecer un asentamento ata a Idade do Bronce. Desa época data o pobladode "As Hortas" (imaxe 1) na ladeira do Monte Faro. Este poboado, de tipo castrexo-romano, polas estruturas e restos atopados, mantivo relacións comerciais coas xentes dacosta como evidencian as cerámicas encontradas nas illas, con motivos semellantes aos da península.

Imaxe 1.Castro de Cíes
Por outra banda, aínda hai moitos interrogantes como se estas illas formaban parte das illas Casitérides, nomeadas así polos Gregos, referíndose á Casiterita -estaño-, sen embargo, a ausencia deste metal no interior das illas, fai pensar que, caso de ser certo, tan só puideron constituir un lugar de encontro comercial do dito metal.
Desde a época romana ata a aparición dos primeiros eremitas nas illas, non se coñecen restos  nin documentación de posibles moradores. Este periodo escuro da illa se encadra no auxe das invasións dos suevos e normandos nestas costas, que se extenderían ata o século XI.

As illas foron despois doadas, no ano 899, á Catedral de Santiago polo rei Afonso III. Nese periodo, séculos XI e XII, fundáronse dous pequenos mosteiros nas Cíes: na illa do Medio 
-San Esteban- e na illa do Sur-San Martín-. De modo que os monxes que alí se instalaron exerceron funcións de control e administración sobre a pequena poboación que congregaron.  A doazón das illas á Igrexa foi confirmada por sucesivos reis de Galicia en tanto os seus mosteiros están adscritos á orde benedictina, en 1152, e a os franciscanos en 1377.

A finais da Idade Media sucedéronse os conflictos da monarquía española ante o cambio do panorama internacional de ultramar. Esto derivou no uso das illas como caladoiros ou refuxios para os barcos extranxeiros. As illas viviron unha sucesión de invasións (turcos, tunecinos, inglese) o que as converteu nun lugar moi inseguro, con continuos ataques coma os do pirata Francis Drake, que se ensañou coa Ría de Vigo e asolou as Cíes. 

O abandono eclesiástico e Cíes debeuse en parte aos conflictos internos da Igrexa, pero sobre todo aos novos ataques piratas, que tiveron lugar ata ben entrado o século XVIII. As illas pasaron a depender da vila de Vigo no ano 1840, momento no cal se instalaron dúas fábricas de salazón: unha na illa Note, onde se ubica o actual restaurante de Rodas e outra na illa Sur, con alacén e molle de atraque. Algo máis tarde, en 1852, construiuse o Faro de Cíes (imaxe 2). Sen embargo , a competencia das conserveiras na costa próxima motivou o declive da salazón, que no  ano 1900 quedaron reducidas a meros almacéns.

Imaxe 2. Faro
As illas Cíes mantiveron unha pequena poboación , que proviña de Cangas maioritariamente, que foi decaendo ata mediados do século XX. A medida que avanzaba o despoboamento crecía o interese turístico das clases acomodadas, que iniciaron visitas ás illas en grupos reducidos. A partir dos anos 60 este turismo masificouse e os estudos sobre os valores naturais destas illas mostraron a necesidade de protexelas.

En 1980, declarouse Parque Natural ao arquipélago das illas Cíes e, no ano 2002, pasou a formar parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Grupo 1ºB
Flora terrestre
A flora nas illas Cíes está dominada polos eucaliptos (Eucalyptus globulus) e os piñeiros (Pinus pinaster), que ocupan a cuarta parte das illas. Tamén hai presenza de camariña (Corema álbum) e da herba de namorar (Armeria pungens) (imaxe 3), e o manto vexetal está dominado polo toxo (Ulex europaeus).
Imaxe 3. Herba de namorar.
Baixo a influenza  do vento, a salinidade do mar e as colonias de aves que aniñan nas súas repisas, as especies que destacan nestes ambientes son o fiúncho mariño, a Calendula suffruticosa (imaxe 4), a clavelina de mar e a anxélica (imaxe 5), onde constrúen os seus niños os corvos mariños.
Imaxe 4, Calendula

Imaxe 5. Anxélica













Por outra banda, as especies vexetais de praias e dunas desenvolven estratexias para superar a insolación, a escaseza de nutrintes, a inestabilidade do chan, a salinidade ou o vento. Para sobrevivir en condicións adversas as plantas profundan as raíces na area, e cumpren así unha dobre función, a procura de sustento e o arraigamento, e evitar que as leve o vento (imaxe 6).
Grupo 1ºA
 
Imaxe 6. Vexetación dunar.

Fauna terrestre

Nas illas Cíes hai unha gran variedade de especies como coellos, ourizos, topos, ratos,...aínda que non todas, a maioría de especies son autóconas. A especie invasora máis común é o visón americano.
Ademais, tamén podemos atopar réptiles como a salamandra común (imaxe 7) ou a serpe viperina (imaxe 8). 
Grupo 1ºA
Imaxe 7. Salamandra común
Imaxe 8, Serpe viperina

Aves
A gaivota patiamarela é a especie máis abundantedas illas Cíes. Actualmente hai 22.000 parellas reprodutoras, sendo esta a colonia máis abundante a nivel mundial. De forma moi localizada crían a gaivota escura e os paiños, ambas especies escasas na península ibérica.
outra especie é o corvo mariño moñudo, do cal podemos atopar nas illas unhas  1000 parellas reprodutoras que representan a colonia máis importante do suroeste europeo. Tamén podemos avistar: o alcatraz, o azor, o colimbo ártico, falcón peregrino, pardela pichoneta, gaivota reidora e o arao común. Actualmente é frecuente a presenza de araos no inverno, pero en primavera regresan ás súas colonias no Atlántico Norte.
Grupo 1ºC
Ecosistemas acuáticos
Como consecuencia dunhas condicións xeográficas e oceanográficas realmente especiais, a auga que rodea as illas contén altos niveis de nutrientes, o que se traduce nunha elevada produtividade que mantén unha enorme biodiversidades en toda a súa contorna mariña, formando poboacións estables ou servindo como roteiro de paso.
Rodaballo, raias, polbos, pepias, anemones, cabaliños de mar, centolas, nécoras, percebes, esponxas, estrelas de mar, e así un largísimo ecétera. Ademias, mamíferos mariños surcan as augas. O golfino común e o golfino mular (imaxe 9) non son raros tanto en Cíes como na Ría de Vigo.
Grupo 1º A
Imaxe 9. Golfiño
Programas de protección e conservación
Nas illas Cíes fíxose a primeira das campañas enmarcadas dentro das solucións solidarias para un mundo mello, "Cíes, Fondeo Limpio", o primeiro proxecti medioambiental de Unnefar que busca concienciar sobre a cantidade de lixo e residuos que hai nos fondos mariños próximos ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (imaxe 10).

Imaxe 10. Fondeo limpo
Para levalo a cabo empregáronse novas tecnoloxías como vehículos submarinos e as TIC. O proxecto realizouse en colaboración coa Fundación Global Nature e desenvolveuse en varias fases.
A primeira consistiu en identificar e clasificar o lixo e os residuos nas zoas de fondeo e atraque costeiros, e posteriormente, localizar e marcar nos mapas, as zoas con amior concentración de residuos. A segunda fase foi estudiar a relación entre a densidade e tipos de residuos e a apariencia das zoas de acumulación dos mesmos.

Unha vez realizado o proxecto, toda a información púxose a disposición dos organismos públicos xestores do medio mariño.
Grupo 1ºA

Webgrafía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DALE LA VUELTA A TU CAMISETA

El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP) es una metodología activa e innovadora de aprendizaje. A partir de unos hilos conductores, profesor...