miércoles, 28 de febrero de 2024

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS: ONS




Historia da illa: asentamentos humanos, vestixios e restos materiais antrópicos  e usos da illa.

Os primeros asentamentos de Ons (imaxe 1) remóntanse á cultura castrexa da Idade do Bronce. A falta de prospeccións fai que non existan rexistros da ocupación romana na illa, pois estos pobos adoitaban instalarse nos poboados celtas preexistentes. Non obstante, a presenza romana queda practicamente constatada co recente descubrimento dun xacemento próximo a Canexol, onde se fabricaban púrpura e salazóns. Este xacemento esténdese por todo o cantil da praia destacando a presenza de dous depósitos de salazón. Estaba destinado á conservación de peixes.

(Grupo de 1ºB)

A illa de Ons foi habitada de forma permanente dende o século XIX. As persoas que viven nela hoxe son os descendentes dos antiguos colonos, persoas correntes que foron a traballar á illa.

A nivel artístico destaca a súa igrexa cunha curiosa historia detrás do seu nome (igrexa de San Xoaquín) que terminaría sendo o patrón da igrexa e débese ao nome da muller do restaurador da igrexa (Xoaquina).

 (Grupo de 1ºA)

Imaxe 1
Flora terrestre: especies autóctonas e foráneas presentes na illa.

Ons está actualmente deforestada, pero no pasado estaba cuberta de especies autóctonas, coma o rebollo (Quercus pyrenaica), a sobreira ou a camariña (Corema album).

A flora da illa de Ons é, sobre todo, matogueira: breixos, endrinos, fentos (imaxe 2), hiniestas, xesta (imaxe 3) e toxos. A vexetación arbórea redúcese a salgueiros e amieiros nos pequenos cursos de auga, e en menor medida, a exemplares de eucalipto, piñeiro e carballo meloxo.

(Grupo de 1ºA).

Imaxe 3
Imaxe 2












Fauna terrestre: especies presentes na illa.

Na Illa de Ons hai unha gran variedade de especies. Cascudas, escaraballos.... pasando por saltamontes e tamén a mariposa macaón, unha especie moi bonita que desafortunadamente encóntrase en perigo de extinción. A baixa humidade do solo e a ausencia de recursos permanentes de auga provocan que haxa poucos anfibios que teñan un gran valor biolóxico. Abundan os réptiles coma o lagarto ocelado que mide 18 centímetros sen contar coa cola e é o máis grande de Europa. Case todos os mamíferos foron introducidos polo home e representan una ameaza, o gato silvestre ou o visón americano compiten polo hábitat con algunhas especies autóctonas.

As aves son as grandes dominadoras. A abundancia de recursos, a escasa presencia humana e a dispoñibilidade de zonas de cría son factores que favorecen o seu asentamento. As aves mariñas que encontramos forman parte da maior concentración mundial de gaivota patiamarela e de cormorán moñudo (imaxe 4). En Ons atopamos un dos núcleos para a cría de gaivota sombría máis importante de España.

(Grupo de 1ºC)

Imaxe 4
Ecosistemas acuáticos: especies presentes.

Posúen multitude de poliquetos, peixes planos como raias e rodaballos, chocos e pequenos bivalvos e crustáceos que viven soterrados na area, ademais de croques e navallas. Tamén podemos ver neste hábitat, peixes napoleóns (imaxe 5), serranos e espadas.

(Grupo de 1ºB)

Imaxe 5

Perigos aos que se enfrontan os ecosistemas destas illas. Como afectan directamente as nosas actividades a estas especies.

Actualmente, as principais ameazas son:

a) Os pellets (imaxe 6): microesferas que invaden as praias galegas e parte de Portugal. Nanoplásticos na cadea alimentaria.

b) As verteduras nas praias, este tipo de contaminación está ben documentada e é necesario acelerar as estratexias para reducir o uso e produción deste material.

c) Praga de gatos silvestres. O seu obxectivo foi contrarrestar os efectos das ratas introducidas (imaxe 7).

(Grupo 1ºC)

Imaxe 6

Imaxe 7








Programa de protección e conservación que se levan a cabo para protexer e coidar estes ecosistemas

Para protexer a illa non está permitido:

1. Prender lume (queda expresamente prohibida a utilización de cociñas de cámping gas).

2. Depositar ou tirar cualquera tipo de lixo ou residuo (sólido ou líquido) fóra dos lugares acondicionados.

3. Acampar fóra dos lugares acotados e acondicionados.

4. Molestar, ferir, capturar ou matar aos animais.

5. Arrincar, cortar ou danar á vexetación (hai endemismos e especies de gran importancia).

6. Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares.

(Grupo de 1ºB)

Estanse levando a cabo actuacións para desenvolver unha adecuada xestión de uso público (os residuos nas illas, navegación e fondeo das embarcaciones…). O Parque Nacional está adherido ao convenio OSPAR sobre a conservación de ecosistemas mariños, a saúde humana e as áreas marítimas contaminadas.

Habería que talar diversas especies invasoras como a acacia negra, o eucalipto, a cala, a margarita africana entre outras (imaxe 8). Seguido se necesitaría plantar especies autóctonas coma os brezos, os endrinos, e moitos máis.

Imaxe 8
A educación en biodiversidade é fundamental para que todos valoremos e apreciemos a nosa contorna. Por iso, creáronse programas cos seguintes obxectivos:

1. Fomentar o coñecemento das zonas mariñas protexidas conforme á Directiva do Marco da Estratexia Mariña.

2. Recoller as artes de pesca perdidas e outros desfeitos mariños.

3. Fomentar a participación dos pescadores na protección e recuperación da biodiversidade.

4. Mellorar o estado de conservación, facilitando o cumprimento de obxetivos ambientais establecidos a nivel internacional.

5. Integrar a igualdade e a sostenibilidade na conservación da biodiversidade.

(Grupo de 1ºC)

Grupos de traballo

Grupos de traballo













WEBGRAFÍA

https://campingisladeons.com/isla-de-ons/fauna-y-flora/

https://www.piratasdenabia.com/isla-de-ons/entornonatural/#:~:text=La%20flora%20de%20la%20isla,eucalipto%2C%20pino%20y%20roble%20melojo

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2023/12/15/parques-potencia-red-agua-ons-95856774.html

https://www.piratasdenabia.com/isla-de-ons/normativa-del-parque/


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A VIDA NAS NOSAS COSTAS. CHARLAS EDUCATIVAS 1ºESO

  Dentro do programa Naturézate , no cal participa o noso colexio este curso co proxecto "Coñecendo as nosas illas" (coordinado p...