lunes, 8 de abril de 2024

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS: SÁLVORA

 




Un pouco sobre a historia da illa

A historia coñecida de Sálvora comeza a finais da alta Idade Media cando, formando parte da coroa galego-asturiana, foi doada por Afonso II, o Casto, á Igrexa de Santiago. Posteriormente concedeuse permiso aos donos da illa para instalar unha almadraba de atún, para o cal lle foi concedido o uso exclusivo da ínsula  (imaxe 1).
Imaxe 1
Esta empresa fixo que a xente da costa poboase a illa. As familias agrupáronse nunha aldea e nalgunhas casas conviviron varias xeracións. Viviron sen igrexa nin escola (ata os anos 60), mais os fareiros foron bos mestres. Cultivaban millo, centeo e patacas, e cada familia tiña vacas e ovellas, galiñas e coellos. En 1820, Isabel de Marino, herdeira da illa, casou con Ruperto Antonio de Otero e con eles a saga dos Otero converteuse na propietaria de Sálvora. O Estado expropioulles a illa aos Otero en 1904 por motivos da defensa nacional.
En 1921, vivían na illa 59 persoas, pero só 25 coñeceron o tráxico naufraxio do vapor Santa Isabel na zona sur (imaxe 2). 
Imaxe 2
Aconteceu na madrugada do día 2 de xaneiro e moitos poboadores estaban na costa polas festas de aninovo. Valentes os que quedaban, mulleres na súa maioría, lanzáronse en dornas ao auxilio dos náufragos salvando a vida a 48 persoas, pero 213 pereceron afogadas. En decembro do mesmo ano inaugurouse o novo faro.
En 1958, os antigos propietarios (familia Otero Goyanes) recuperaron a illa, e os insulares comezaron a abandonala en busca de mellores condicións de vida na costa. Os propietarios desta tampouco facilitaron a súa estancia pois introduciron animais como cabalos e coellos que estragaban as colleitas. Os últimos habitantes abandonaron a illa a finais dos anos 70, quedando só un garda e a súa familia.
No ano 2002 pasou a formar parte do “Parque Nacional das Illas Atlánticas” e no 2007 foi comprada pola administración estatal, polo que, pasou a ser de propiedade pública.

(Grupo de traballo de 1ºA)

A flora terretre da illa

Caracterízase por presentar unha vexetación baixa de toxos, fentos e herbáceas, carecendo de masas arborizadas autóctonas. A flora de cantil presenta un aspecto redondeado debido aos fortes ventos, e mestúrase coa vexetación dunar (imaxe 3).
Imaxe 3

Debido ao clima húmido da illa, atopámonos con brezales higrófilos (imaxe 4), que crecen en chans máis profundos e húmidos, e que se tratan de comunidades caracterizadas polo breixo (Erica ciliaris) e o cardo (Cirsium filipendulum), acompañados polo toxo (Ulex europaeus subsp. latebracteatus).

(Grupo de traballo de 1ºA)

Imaxe 4

A fauna terrestre

Podemos atopar herbívoros como cabras, cabalos (imaxe 5) e cervos, pero tamén animais introducidos con fins gandeiros ou cinexéticos. No grupo dos anfibios, están presentes o tritón ibérico e o sapillo pintoxo, mentres que dentro dos réptiles destaca a presenza dunha subespecie de lagarto ocelado da illa de Sálvora, Timon lepidus oteroi.
Imaxe 5
En Sálvora e os illotes próximos nidifican case a totalidade de parellas de gaivota sombría presentes no parque, e parte dos corvos mariños moñudos. Ademais, desde o ano 2008, é a única zona do Parque na que crían parellas de gavión.

(Grupo de traballo de 1ºC)

Os ecosistemas acuáticos

A variedade da fauna mariña alberga todo tipo de peixes; pintos, vermes de mar, ceriantos, gorgonias, estrelas e cabalos de mar (imaxe 6), ascidias, briozoos, ourizos e crustáceos. A extraordinaria riqueza mariña das illas, ricas en nutrientes, serven de sustento a pequenos microorganismos, base da cadea alimenticia. Nas zonas rochosas máis batidas polo mar habitan percebes, lapas e mexillóns.
Imaxe 6
Dende a franxa mareal, e a medida que aumenta a profundidade, aparecen refuxiadas entre as fendas das rochas; anémonas, ourizos, bígaros, cangrexos, gobios ou polbos. Os fondos de arena, ao carecer de sustrato fixo, condicionan a algúns organismos a vivir soterrados. Este é o caso das navallas, berberechos ou almexas, mentras que outros se mimetizan coa superficie como o rodaballo, o choco ou o cangrexo ermitaño.

(Grupo de traballo de 1ºC)

As amezas á biodiversidade da illa

Millón e medio de toneladas producidas polos residuos procedentes do dragado das obras portuarias afectan á illa de Sálvora. Trátase dun tipo de lixo submarino que é anterior á existencia do propio parque. Lodos potencialmente contaminantes para os que a Xunta non atopa destino. Grupos de cidadáns levan tempo pedindo actuacións á Comisión Europea así como ao Goberno galego ante
estes vertedoiros.

Por outro lado, é tal o estado de deterioro de boa parte dos edificios da illa (imaxe 7) que, de non actuar urxentemente, é máis que probable que acaben reducidos a cascallos. De feito, hai muros e tellados que xa se derrubaron. O grave perigo que supón o estado destes edificios non escapa aos guías que se encargan de dirixir aos visitantes pola illa.
(Grupo de traballo de 1ºB)

Imaxe 7

Que programas se están aplicando para protexer á biodiversidade da illa?

A Consellería de Medio Ambiente colabora no proxecto “Rede para a recuperación de dous ecosistemas mariños” que se leva a cabo na Illa de Sálvora. O obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños e, para logralo, recolleranse artes de pesca extraviadas e outros restos mariños, tanto no fondo como nas praias. Tamén se ofrecerá formación aos pescadores e voluntarios na protección e recuperación da biodiversidade.

Outro proxecto é Ecomarinoso. A presenza de residuos nos fondos mariños e nas praias xera un ecosistema e un desequilibrio socioeconómico que hai que solucionar. Por iso, co obxectivo de minimizar e evitar a perda de biodiversidade, este proxecto pasou por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, buscando a maior participación posible.
Tamén se traballou con investigadores das tres universidades galegas, centros de investigación, entidades do terceiro sector, centros de formación profesional, voluntariado, empresas de integración social, asociacións, etc.
Realizáronse accións como a creación e transmisión de coñecemento (grupo de traballo científico), limpeza de fondos mariños e praias, así como de difusión e comunicación, integrando os principios horizontais de igualdade e sustentabilidade.

Finalmente, hai que destacar que dende o mes de xuño e ata setembro realízanse nas illas de Sálvora accións de voluntariado (imaxe 8) ambiental chegadas de toda Galicia, cunha duración dun día con saída dende o porto de Aguiño (Ribeira), durante estes días os participantes poden convivir no parque nacional e colaborar coa difusión dos valores naturais e a súa protección. As primeiras quendas foron
un éxito de participación, conseguindo a total implicación de voluntarios e persoal do Parque Nacional, sendo as principais actividades a eliminación de especies alóctonas, a retirada de residuos das praias e o coñecemento da illa.
(Grupo de traballo de 1ºB)
Grupo de traballo

Grupos de traballo












Webgrafía consultada

https://www.observersciencetourism.com/ga/punto-de-interes/isla-de-s-lvora

https://www.programapleamar.es/proyectos/ecomarinos-red-para-la-recuperacion-de-los-ecosistemas-marinos-en-el-pnmt-illas-atlanticas

https://biologosdegalicia.org/ii-rede-recuperacion-ecosistemas-marinos-illas-atlanticas-galicia.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Isla_de_S%C3%A1lvora

https://illasatlanticas.gal/es/el-parque/cultura-e-historia-del-parque-nacional/historia-y-patrimonio-de-salvora

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A VIDA NAS NOSAS COSTAS. CHARLAS EDUCATIVAS 1ºESO

  Dentro do programa Naturézate , no cal participa o noso colexio este curso co proxecto "Coñecendo as nosas illas" (coordinado p...