O venres 14 de xuño os alumnos e alumnas de 1ºESO visitaron as Illas Cíes como broche final do proxecto Coñecendo as nosas illas, dentro do programa Naturézate do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia.
Os estudantes desfrutaron da ruta máis longa da illa, dende o molle ate o Faro de Cíes, parando en puntos estratéxicos como a Pedra da Campá e o Observatorio de Aves. Durante esta ruta tiveron tempo para cumprir uns retos e facer fotografías.
 |
Repoñendo forzas despois da subida coa illa sur ao fondo |
 |
Percorrido ata o Faro |
Os retos foron unha forma de avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos durante todo o curso. Algúns deles consistiron en identificar unha especie autóctona ou invasora, fotografiar un cormorán moñudo, diferenciar formas de relevo costeiro, atopar ameazas á biodiversidade, etc.
 |
Varias alumnas lendo un cartel sobre o problema dos eucaliptos
|
 |
Fotografando aves |
 |
Gaivota patiamarela coidando das sús crías |
Para rematar o día, gozaron dun tempo na praia para bañarse e xogar cos compañeiros, o que ademais serviulles de despedida posto que foi a derradeira saída do curso.
 |
Praia de Rodas cunha invasión de cangrexos |
Despedímonos deste proxecto e quedamos en espera das sorpresas que nos traerá o vindeiro curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario